+34 981 120 884
consello@avogacia.gal
18/04/2026 - 18/04/2026

Xornadas de Xuntas de Goberno 2026

Este 18 de abril de 2026, retomamos o contacto directo entre os integrantes das sete Xuntas de Goberno dos Colexios da Avogacía de Galicia. Tras o último encontro celebrado en Vigo en 2024, esta nova edición preséntase como un espazo necesario para o diálogo, a cohesión e posta en común de iniciativas.

  • A Quenda de Oficio será o centro da xornada: Dedicaremos esta xornada á análise e debate arredor da negociación do novo baremo para o ano 2027 e seguintes, coa mirada posta na sustentabilidade e dignidade do servizo.

Funcionalidades desta App:

  • Programa Completo: Consulta horarios, relatores e localizacións de cada sesión.

  • Documentación: Acceso directo a borradores de traballo e informes sobre os baremos, etc.

  • Notificacións: Avisos de última hora e cambios na axenda.

  • Interacción: Espazo para o intercambio de propostas entre os asistentes.

  • Mapas, fotos e a información que será periódicamente actualizada

Inscrición: Lembra que a inscrición nestas xornadas xestiónase exclusivamente a través de cada un dos respectivos Colexios da Avogacía.

Unha cita imprescindible para construír o futuro da profesión en Galicia. Vémonos o 18 de abril.